Aviso legal
O titular deste sitio web é o Partido Popular Provincial de Pontevedra, partido político que forma parte da estrutura provincial do PP, que é unha formación política con personalidade xurídica propia de acordo coa Lei Orgánica 6/2002, de 27 de xuño, e inscrita no Rexistro de Partidos Políticos con data de 4 de maio de 1977, Folio 193, Tomo Primeiro, modificando a súa denominación con data 6 de febreiro de 1989.
A sede provincial sitúase na Avenida Raíña Vitoria 9, Pontevedra, e o teléfono de contacto é o 986 84 00 00.
As Condicións Xerais de Uso que se detallan neste aviso legal regulan o acceso e a utilización deste sitio web así como de todos os contidos que nos mesmos se amosen ou se poñan a disposición dos usuarios.
Este sitio web pretende ser unha porta aberta ao cidadán e un nó de comunicación cos nosos simpatizantes e afiliados, para quen desexamos manter unha sede virtual continuamente aberta.
Non é unha vía de comunicación unidireccional, na que ofrecer información sobre as nosas ideas e proxectos, senón que pretende ser fonte de comunicación interactiva para un mellor coñecemento das necesidades, demandas e suxestións de todos os cidadáns.
2. Condicións Xerais de Uso
Enténdese por usuario a persoa que acceda, navegue, utilice ou participe nos servizos deste sitio web, que acepta as Condicións Xerais de Uso e a Política de Privacidade, onde se recollen e detallan o tratamento dos datos persoais fornecidos polos usuarios.
O usuario garante que é maior de 14 anos e será enteiramente responsable desta declaración e do acceso e correcto uso do sitio web con suxeción a estas Condicións Xerais de Uso e á legalidade vixente, así como aos principios de boa fe, á moral e á orde pública.
Coa utilización deste sitio web, o usuario acepta as Condicións Xerais de Uso deste sitio web.
O Partido Popular resérvase o dereito a modificar as Condicións Xerais de Uso, publicando o devandito cambio da mesma forma en que aparecen estas condicións ou a través de calquera tipo de comunicación co usuario. As Condicións Xerais de Uso non obstaculizan a fixación doutras condicións particulares para a contratación ou utilización de determinados servizos ou produtos que se ofrezan aos usuarios no sitio web.
3. Acceso e uso do portal
O acceso a este sitio web por parte dos usuarios ten carácter libre e gratuíto.
4. Participación dos usuarios e contidos
O usuario comprométese a usar os contidos deste sitio web de maneira correcta e lícita de conformidade á Lei, os bos costumes xeralmente aceptados e a orde pública.
O Partido Popular Provincial de Pontevedra non é responsable das opinións publicadas polos usuarios a través dos foros ou a rede social, dos comentarios nas informacións ou noutras ferramentas de participación. Son os usuarios os únicos responsables das opinións, comentarios, achegas, contidos multimedia que realicen no sitio web do Partido Popular Provincial.
O Partido Popular resérvase o dereito de retirar todos aqueles contados, informacións, comentarios, imaxes, eventos, grupos ou vídeos- que vulneren o respecto á dignidade da persoa, que sexan discriminatorios, xenófobos, racistas, pornográficos, que atenten contra a mocidade ou a infancia, a orde ou a seguridade pública ou que, ao seu xuízo, non resultasen adecuados para a súa publicación.
Polo tanto, poderase proceder á eliminación dos contidos que incorran nos casos mencionados, así como aqueles que dificulten o funcionamento do sitio web, contidos ou ligazóns propagandísticas, spam e comentarios repetidos, sen necesidade de comunicarllo previamente ao usuario.
5. Menores de idade
O Partido Popular prohibe o uso dos servizos do seu sitio web a menores de 14 anos. Ademais, o Partido Popular aconsella que os menores de idade que se sitúen por riba de 14 anos (de 14 a 18 anos) consulten cos seus pais antes de proporcionar calquera dato de carácter persoal, e informa de que, en ningún caso, se solicitarán datos relativos a outros membros da súa familia sen o consentimento dos titulares dos mesmos.
É moi importante que os menores de idade lean e comprendan correctamente estas Condicións Xerais de Uso e a Política de Privacidade.
7. Propiedade intelectual
Os usuarios non poderán copiar, modificar, traducir, publicar, emitir, transmitir, distribuír, mostrar nin vender os contidos que non lle pertenzan ou sobre os que non teñan dereitos de propiedade intelectual, industrial, de imaxe ou calquera outro dereito.
No caso de que un usuario infrinxa dereitos de propiedade intelectual, industrial, dereitos de imaxe ou calquera outro dereito de terceros, será apercibido polo propietario deste sitio web no momento no que esta teña coñecemento de tales infraccións para que cese na publicación dos contidos afectados por tal infracción.
No suposto descrito no punto anterior, o usuario manterá indemne ao Partido Popular Provincial de Pontevedra fronte a calquera reclamación de terceiro sobre dereitos de propiedade intelectual, industrial, dereitos de imaxe e/ou calquera outro dereito sobre os contidos publicados por aquel.
Se calquera persoa ou entidade considera que os seus contidos foron copiados e publicados dunha maneira que constitúe unha violación dos seus dereitos de propiedade intelectual, industrial e/ou dereitos á honra, á intimidade ou á imaxe ou calquera outro dereito, poderá comunicalo ao administrador, por calquera das vías de contacto que figuran neste sitio web.
Se calquera persoa considera que os contidos publicados vulneran os seus dereitos, deberá poñerse en contacto connosco e solicitar a retirada dos mesmos
Os usuarios poderán levar a cabo a reprodución dos contidos do sitio web co único fin de proceder ao seu almacenamento, á realización de copias de seguridade ou á súa impresión sobre papel para uso privado. Queda, en calquera caso, prohibido modificar, copiar, explotar, reproducir, comunicar publicamente, facer segundas ou posteriores publicacións, cargar arquivos, enviar por correo, transmitir, usar, tratar ou distribuír de calquera forma a totalidade ou parte dos contidos incluídos nesta web para propósitos públicos ou comerciais. O incumprimento do anterior facultará ao Partido Popular Provincial de Pontevedra para interpoñer as accións legais pertinentes.